Sorteo “Os teus Pneumáticos con Fiateira Motor”
a) Empresa organizadora
Real Club Deportivo de La Coruña, SAD (en diante, o “RC Deportivo”), con domicilio social en praza de Pontevedra, 19 1º 15003, A Coruña (Teléfono: 981 25 95 00) e CIF número A-15023070; e Automóviles y Recambios de la Grela, SA, con domicilio no enderezo rúa Severo Ochoa, 8 15008, A Coruña (Teléfono: 981 169 916) e CIF A-15596489, con nome comercial Fiateira Motor, SA, poñen en marcha a acción Sorteo “Os teus Pneumáticos con Fiateira Motor”, que se desenvolverá conforme ao establecido nas presentes bases.
b) Participantes
Poderán participar nesta promoción:
1) As persoas físicas;
2) Maiores de 18 anos antes do peche da vixencia de participacións;
3) Con residencia legal en España;
c) Participación e mecánica
Para concursaren e optaren aos premios, os usuarios deberán rexistrarse no concurso.
Cada usuario só poderá participar unha vez.
d) Período e ámbito de aplicación
O prazo de participación estenderase desde a publicación do post do concurso en Facebook o mércores 20 de novembro de 2019 ata o mércores 27 de novembro ás 23:59 horas. As participacións antes ou despois deste período non serán válidas.
O concurso ten ámbito estatal.
e) Premios
Sortearase un premio de catro (4) pneumáticos, a recibir e instalar en horario de atención ao público no taller de Fiateira Motor (segundo dispoñibilidade). Realizarase un sorteo aleatorio e haberá un só gañador. O contido do premio está suxeito a posibles cambios que poidan xurdir por motivos alleos á vontade da entidade organizadora.
Ademais, aqueles que non resulten gañadores obterán un código de desconto do 50% para calquera reparación ou revisión de taller (sen incluír pezas) en Fiateira Motor só por participar.
O premio da presente promoción, en ningún caso poderá ser obxecto de cambio, alteración, compensación económica ou cesión a pedimento dos gañadores.
Os Organizadores, o RC Deportivo e Fiateira Motor, non se responsabilizan ante calquera anulación ou incidencia do servizo por parte da empresa provedora, podendo substituírse o premio en caso necesario por un equivalente. Os Organizadores non se responsabilizan das posibles perdas, deterioracións, roubos, ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros que poidan afectar o desenvolvemento da presente promoción. Así mesmo, o RC Deportivo e Fiateira Motor non se responsabilizan de calquera dano ou prexuízo que os agraciados do premio do presente sorteo puidesen sufrir por calquera causa, estando obrigados os devanditos agraciados a subscribiren no momento de recibir o premio, o correspondente documento de exoneración de responsabilidade.
f) Comunicación do gañador
Unha aplicación externa aleatoria determinará por sorteo o gañador.
Este terá que escribir un correo, cos seus datos persoais e de contacto, DNI e a aceptación do premio a comunicacion@fiateiramotor.com. Entenderase que rexeita o premio se non envía o correo electrónico.
Nin o RC Deportivo nin Fiateira Motor fanse responsables de non poder contactar co gañador e, por conseguinte, que non se lle poida outorgar o premio.
g) Causas de descualificación dun participante da promoción
A presente promoción pretende que a competición entre os distintos participantes fágase con igualdade de oportunidades e con estrito respecto ás normas da boa fe. Por ese motivo, o RC Deportivo excluirá automática e inmediatamente da mesma a calquera participante que transgrida as normas da boa fe, observe unha conduta inadecuada, falaz ou impropia, empregue medios desproporcionados, fraudulentos ou abusivos, ou incumpra estas bases en calquera dos seus extremos.
h) Aceptación das condicións do concurso
A participación no concurso supón a aceptación plena e incondicional destas condicións xerais por parte de cada participante. A Organización resérvase a posibilidade de cambio, modificación ou cancelación do presente concurso por causa xusta. A Organización non será responsable se por causas alleas ou de forza maior, o concurso non se puidese levar a cabo nalgún dos seus termos especificados anteriormente, sen outra obriga para os organizadores, que a publicación da nova mecánica por similares medios aos empregados para a difusión inicial do mesmo.
i) Datos persoais
A participación nesta promoción supón a autorización de uso ao RC Deportivo e a Fiateira Motor dos datos dos participantes para a publicación do gañador e para comunicacións publicitarias ou de índole xornalística.
Cada participante poderá revogar o consentimento prestado e exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición, supresión, limitación e portabilidade ao tratamento dos seus datos persoais, nos termos e condicións previstos na normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal.
Para a súa maior comodidade, poderá exercer os dereitos antes mencionados dirixíndose a Real Club Deportivo de La Coruña, SAD na dirección praza de Pontevedra, 19 1º 15003, A Coruña ou ben á dirección de correo electrónico: legal@rcdeportivo.es; e/ou dirixíndose a Automóviles y Recambios de la Grela, SA, no enderezo rúa Severo Ochoa, 8 15008, A Coruña.
j) Normativa Fiscal
Os premios quedarán suxeitos á retención ou ingreso a conta que corresponda conforme á normativa fiscal vixente. Nos casos que corresponda, dita retención ou ingreso a conta será asumido polo Organizador, que ingresará na Axencia Tributaria a cantidade correspondente enviando ao gañador o correspondente certificado cos datos do premio e da retención ou ingreso a conta aplicado.
k) Lei aplicable e xurisdición competente
Esta Promoción e as súas Bases réxense pola lexislación española. Para a resolución de calquera controversia ou litixio que puidese xurdir en relación con esta Promoción, e/ou coa interpretación ou execución das presentes bases legais, tanto o Organizador como os Participantes renuncian ao foro que puidese corresponderlles e sométense expresamente aos Xulgados e Tribunais da cidade da Coruña.
l) Desvinculación de Facebook
Facebook non patrocina, avala nin administra de modo algún esta promoción, nin está asociado a ela. O usuario desvincúlase totalmente de Facebook e é consciente de que está a proporcionar a súa información ao Real Club Deportivo de La Coruña, SAD, e a Fiateira Motor, SA, non a Facebook. A información que proporcione se utilizará para xestionar a participación do concursante ou para comunicarlle o premio.
A continuación se exponen las Condiciones Generales del proveedor del servicio (en adelante, el proveedor), propiedad de The Cool Tabs,S.L., con domicilio social en C/ Fernando Poo, 23 Local 2. 28045 Madrid, con Código de Identificación Fiscal número ESB86306719, inscrita en el Registro Mercantil de Madrid - Tomo 29248, Libro 0, Folio 173, Sección 8, Hoja M-526556, inscripción 1. Dichas condiciones tienen por objeto regular el acceso, registro, navegación, utilización y/o uso de Servicios por parte de cualquier usuario registrado o usuario que acepte, use e instale cualquiera de nuestras aplicaciones las cuales deberá ser leídas atentamente.
El acceso, registro, navegación, utilización y/o uso de los Servicios del proveedor implica por su parte la aceptación expresa y sin reservas de todos los términos de las presentes Condiciones Generales de uso de nuestras aplicaciones (en adelante, las Condiciones Generales) teniendo la misma validez y eficacia que cualquier contrato celebrado por escrito y firmado.
El administrador de la promoción (el administrador de la página de facebook donde ser realiza el concurso o la marca que ejecuta el propio concurso, el administrador en adelante) será el único responsable en el proceso de selección del ganador y suplentes. El proveedor dispone de una serie de herramientas para la selección de ganadores y suplentes basados en procesos manuales y aleatorios que están a disposición del adminstrador. En ningún caso el proveedor será responsable del uso que se haga por parte del administrador de estas herramientas para determinar el ganador y los suplentes en las acciones llevadas a cabo o de los defectos en forma o en el proceso de la selección aleatoria de ganadores y/o suplentes.
El administrador es el único responsabe del tratamiento de todos los datos recogidos en la presente campaña y será él mismo el que establezca en todo momento la finalidad del tratamiento de los datos recogidos en la campaña. El proveedor del concurso, actuando como "Encargado del tratamiento" de los datos, tendrá acceso a los datos para ofrecer un correcto servicio, pero no utiliza ninguno de los datos que el usuario proporciona al hacer uso de la promoción, tanto de los datos proporcionados de manera directa como los cedidos por parte de cualquier login social (o cualquier otra red social) al aceptar instalar la aplicación. Estos datos serán propiedad del administrador de la promoción, actuando como 'Responsable de los ficheros', que será el responsable de la gestión y tratamiento de éstos datos. Todos los datos que el usuario facilite de carácter personal, serán guardados y almacenados por el proveedor durante el tiempo de vigencia del concurso, durante el tiempo establecido en el contrato con el administrador o los marcados estrictamente por la ley aplicable. El proveedor garantiza que cualquier trabajador o sub-encargado del tratamiento que pueda tener acceso a los datos, cumplira con todas garantías la confidencialidad de los mismos, puediendo estar establecidas bajo contrato.
Los usuarios deberán contactar directamente con el administrador de la campaña para poder ejecutar sus derechos de acceso, modificación, exportación, portabilidad y eliminación de sus datos, al ser éste el único responsable del tratamiento de los datos
En todo momento, los datos recogidos por nuestras aplicaciones, vienen especificados a la hora de instalar la aplicación en el cuadro de dialogo de facebook o de cualquier otra red social. Estos datos pueden ser (dependiendo de la aplicación o acción llevada a cabo):
Todos los datos de carácter personal o no, proporcionados haciendo uso de cualquiera de nuestras aplicaciones, son responsabilidad del administrador de la promoción. Éste debe indicar el uso que va a realizar de todos los datos recogidos en las condiciones del servicio o bases legales establecidas y personalizas en cada promoción, las cuales deben ser siempre aceptadas junto con las presentes condiciones del servicio.
El proveedor del servicio no es responsable de ninguno de los premios o condiciones ofertadas para los ganadores de las promociones realizadas con nuestra plataforma.
El proveedor del servicio se reserva el derecho de cancelar, eliminar o anular cualquier promoción previa comunicación electrónica al administrador de la promoción.